Cronoloxía
Séculos -VII ao - I
Século | Filosofía e ciencia | Arte e literatura | Política e sociedade |
---|---|---|---|
Século -VII |
624 Nace Tales de Mileto 610 Anaximandro de Mileto |
Persiste a influencia de Homero e Hesíodo, recoñecidos como os educadores do pobo grego. Predominio do pensamento mítico e relixioso. Calino de Éfeso e Tirteo de Atenas en poesía elegíaca. |
Predominio da aristocracia e a nobreza terratenente que irán perdendo o seu poder para finais de século en beneficio da cidade, coas súas novas formas de organización política e social. |
Século -VI |
585 Anaxímenes de Mileto 572 Pitágoras de Samos 544 Heráclito de Éfeso 540 Parménides de Elea |
Crecente influxo e expansión da filosofía Teognis de Megara, poesía elegíaca. Baquilides de Ceos e Píndaro, poesía lírica. |
Reformas de Solón, en Atenas,a partir do -594. Reacción e tiranía de Pisístrato (560-527), seguida das reformas democráticas de Clístenes, xa cara a finais de século (510). Paralelamente Xonia vese sometida á dominación Persa, perdendo influencia en favor de Atenas. |
Século -V |
500 Anaxágoras de Clazomene 495 Empédocles de Acragas 480 Protágoras de Abdera 469 Sócrates 60 Demócrito de Abdera 445 Antístenes (E. cínica) 427 Platón (Academia) |
É o século de Esquilo, Sófocles e Eurípides, na traxedia. |
Entre o 500 e o 479 teñen lugar as guerras médicas, que terminan coa victoria dos gregos sobre os persas e consagran a supremacía de Atenas. Pericles goberna Atenas durante case trinta anos, (desde - 462), afianzando a democracia e a hexemonía política, militar e cultural de Atenas. Prodúcense numerosos cambios na vida política ateniense que atraerán aos sofistas, exercendo unha gran influencia na vida pública. A guerra do Peloponeso desenvólvese entre os anos 431-404. O século terminará co goberno reaccionario dos Trinta Tiranos, no que participou algún familiar de Platón, e a posterior restauración da democracia. |
Século -IV |
384 Aristóteles(Liceo) 372 Teofrasto (aristotélico) 377 Hipócrates de Cos 360 Pirrón de Elis (Escepticismo) 341-270 Epicuro de Samos (O Xardín) 341 Zenón de Citio (La Stoa) 330 Euclides de Alexandría 310 Aristarco de Samos |
Xenofonte, Scopas, Praxíteles e Lisipo en escultura. Demóstenes, Apeles. Lisipo. Menandro 320 (?). Teócrito. 310 Calímaco |
Esparta derrota á Liga Calcídica (382-379). Tebas contra Esparta. Victoria de Epaminondas en Leucra e invasión tebana do Peloponeso. Atenas e Esparta contra Tebas. Filipo de Macedonia estende o seu poder polo norte de Grecia (para o 346), vencendo na batalla de Queronea (338) a unha alianza de exércitos da Grecia central. A partir do 335 comezan as campañas de Alejandro Magno, impoñendo o poder de Macedonia en Grecia, Asia e África. Morto no 323 dunhas febres, seu Imperiose dividirá, gobernando Seleuco en Asia, Demetrio en Macedonia e Ptolomeo en Exipto. |
Século -III |
|
297 Apolonio de Rodas 290 Fundación da Biblioteca e o Museo de Alejandría (?) Licofrón de Calcis 255-4 Plauto 234 Catón |
Aínda que o apoxeo de Macedonia supuxo o fin da cidade-estado produciuse unha gran difusión da cultura grega no chamado período helenístico. |
Século -II |
|
185 Terencio | Roma conquista Macedonia (168) e Grecia (146). |
Século - I |
|
100 Cayo Julio César 96 Lucrecio 86 Salustio 84 Catulo 70 Virgilio 65 Horacio 59 Tito Livio 47 Propercio 43 Ovidio 40 Marcial (?) Vitrubio "De architectura" |
63 Conxura de Catilina 60 Triunvirato de Pompeyo, César e Craso. 46 Ditadura de César, trala guerra civil con Pompeyo. 43 (2º triunvirato) Antonio, Lépido e Octavio (Cayo Julio Cesar Octaviano). 30 Conquista de Alexandría e anexión de Exipto. 27 O Imperio. Octavio pasou a chamarse Imperator Caesar Augustus. (Modificación dos papeis e cometidos do Senado, das maxistraturas, do exército e das provincias). |