(- 570 a - 475)
Por José Sánchez-Cerezo de la Fuente
- A filosofía de Xenófanes
- Xenófanes de Cólofon (- 570 a -475), precursor do pensamento de Parménides, é considerado como o fundador da teoloxía filosófica e da teoría do coñecemento, a reflexión sobre a fundamentación e os límites do mesmo. Na primeira criticou o antropormofismo dos deuses homéricos así como a súa inmoralidade e o seu uso como modelo educativo postulando a existencia dun Deus único e, na segunda, considerou unha concepción obxectiva da verdade como algo independente do suxeito. Así mesmo, investigou outras cuestións relativas á natureza e á cosmoloxía.