Historia da filosofía moderna
Algúns dos centros de actividade e difusión da filosofía renacentista e moderna
A Filosofía moderna. Relación de temas
- A filosofía moderna
Se a filosofía antiga tomara a realidade obxectiva como punto de partida da súa reflexión filosófica, e a medieval tomara a Deus como referencia, a filosofía moderna asentarase no terreo da subxectividade. As dúbidas expostas sobre a posibilidade dun coñecemento obxectivo da realidade, material ou divina, farán do problema do coñecemento o punto de partida da reflexión filosófica. Son moitos os acontecementos que teñen lugar ao cabo da Idade Media, tanto de tipo social e político, como culturais e filosóficos, que abrirán as portas á modernidade, e que foron profusamente estudados. No filosófico, o desenvolvemento do humanismo e da filosofía renacentista, xunto coa revolución copernicana, asociada ao desenvolvemento da Nova Ciencia, provocarán o derrumbe dunha Escolástica xa en crise e impoñerán novos esquemas conceptuais, afastados das vellos e infrutuosas disputas terminolóxicas que adoitaban dirimirse ao van dalgún argumento de autoridade, fose platónica ou aristotélica. Das abadías e mosteiros a filosofía volverá á cidade; da glosa e o comentario, á investigación; da tutela da fe, á independencia da razón.