Platón


Busto de Platón

(- 428 a - 347)

 

A filosofía platónica
Platón é o primeiro gran filósofo ateniense que nos deixa unha ampla obra escrita. Discípulo do polémico Sócrates e creador da Academia, que manterá a súa actividade ata o século VI da nosa era, (o ano 529 serán pechadas tódalas escolas filosóficas por orde de Justiniano), o seu pensamento exercerá unha gran influencia no desenvolvemento da filosofía.

O que hai en webdianoia sobre Platón

Nas páxinas dedicadas a Platón atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.

Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de Platón.

Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: teoría das Ideas (en dúas seccións: a Teoría das Ideas e a revisión crítica da Teoría das Ideas), cosmoloxía, antropoloxía e psicoloxía (en cinco seccións: a alma na tradición grega e en Platón, a inmortalidade da alma no "Menón", a inmortalidade e simplicidade da alma no "Fedón", a inmortalidade da alma no "Fedro", e a alma na "República" e no "Timeo"), teoría do coñecemento (en dúas seccións: a análise do coñecemento en Platón e a teoría platónica do coñecemento), sociedade e política (en tres seccións: a natureza social do ser humano, as clases sociais na República, e a educación e o goberno na República), e a ética.

Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Platón, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario. Atoparás, ademais, ligazóns a algúns sitios de internet onde che ofrecen a posibilidade de acceder gratuitamente a traducións de obras completas de Platón en distintos idiomas.

Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Platón. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).

Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas na antigüidade ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Platón, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Platón, na sección "Glosario filosófico" poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario platónico.