Epicuro de Samos


Busto de Epicuro de Samos

Curiosidades e anécdotas

Epicuro de Samos(- 341 a - 271)

1. Epicuro, fillo de Neocles e Cherestrata, foi natural de Gargetto, pobo do territorio de Atenas, e descendente da familia dos Filaidas, como di Metrodoro no libro "Da nobreza". Outros, con Heráclito no "Epítome de Soción", din que como os atenienses sorteasen os colonos que debían ir a Samos, foi educado alí, e aos dezaoito anos de idade pasou a Atenas no tempo que Xenócrates ensinaba na Academia e Aristóteles en Calcide. Que morto Alexandre Macedón e decaidos os atenienses reinando Perdicas, foise a Colofón, onde vivía o seu pai. Que coma estivera alí tempo e xuntase discípulos, regresou a Atenas baixo Anaxicrates, onde filosofou algún tempo xuntamente con outros, pero logo estabeleceu seita propia chamada do seu nome. Segundo el mesmo di, adicouse á Filosofía en persecución dos sofistas e gramáticos, por non saberes explicar a un deles o que significa en Hesíodo a voz "caos". E Hermipo asegura que foi primeiro mestre de escola, pero despois, como vira por acaso dous libros de Demócrito, entregouse á Filosofía, e que por isto dixo Temón del:

Poema de Timón

De Samos saíu
o físico postremeiro, o impudente,
o mestre de nenos,
o máis duro e brutal das mortais.

Flautista e bailarinas

19. Epicuro escribiu moitísimos libros, tanto que superou a todos nisto, pois os seus volumes son ata trescentos, e por fóra ningún ten outro título que "Estas son palabras de Epicuro". Andou Crisipo celoso del nos moitos escritos, como dixo Carnéades chamándoo Parasito dos libros de Epicuro; porque cando este escribía algo, logo saía Crisipo con outro escrito igual. Por esta razón escribiu repetidas veces unha mesma cousa, sen reler o escrito antes, e facendo especies apresuradamente sen corrección algunha. Son tamén tantas as citacións e pasaxes de autores que inclúe nas súas obras, que hai libros enteiros que non conteñen outra cousa; o que tamén achamos en Zenón e en Aristóteles.

20. Tantos, pois, e tan grandes son como dixen os libros de Epicuro; pero os máis importantes son estes: trinta e sete libros, Da Natureza, Dos átomos e do vacuo, Do amor, Epítome dos escritos contra os físicos, Dúbidas contra os megáricos, Sentencias selectas, Das seitas, das plantas, Do fin, Do criterio ou regra, Queredemo ou dos deuses, Da santidade ou Hegesianax, catro libros Das Vidas, Das obras xustas, Neocles, a Temista; Convite, Euríloco, A Metrodoro, Da vista, Do ángulo do átomo, Do tacto, Do fado, Opinións acerca das paixóns, a Timócrates; Prognóstico, Exhortatorio, Das imaxes mentais, Da fantasía, Aristóbolo, Da Música, Da xustiza e demais virtudes, De os dons e graza, Polimedes, Timócrates, tres libros; Metrodoro, cinco; Antidoro dous; Opinións acerca das enfermidades, a Mitres; Calístolas, Do Reino, Anamenes, Epístolas.

(Segundo Dióxenes Laercio, na súa obra "Vidas dos filósofos ilustres")