Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre a filosofía de Platón (1)
1. Como explica Platón a relación entre as Ideas e as cousas?
- A) Pola mestura indisolúbel que provoca o Demiúrgo
- B) Pola imitación e a participación
- C) Platón di que non hai ningunha relación entre ambas
2. Que son as Ideas?
- A) Conceptos
- B) Esencias subsistente
- C) Como imaxes ou representacións das cousas
3. As Ideas son de natureza:
- A) Material ou sensíbel
- B) Inmaterial, intelixíbel
- C) Mixta, xa que están formadas dunha materia moi sutil
4. A teoría das Ideas:
- A) Afirma que a única realidade é a materia
- B) Afirma que a única realidade é a Idea
- C) Afirma que existen dous niveis de realidade: un visíbel e outro intelixíbel
5. Autocriticou algunha vez Platón a teoría das Ideas?
- A) Non, nunca
- B) Si, no Parménides
- C) Si, no Menón
6. En que se inspira o Demiúrgo para modelar a materia?
- A) No seu pensamento divino
- B) No mundo das Ideas
- C) Na perfección da natureza da materia
7. En que obra expón Platón a teoría das Ideas?
- A) Na República
- B) No Parménides
- C) En varios dos seus diálogos, pero en ningún especialmente de forma sistemática
8. En que obra expón Platón a súa cosmoloxía?
- A) No Teeteto
- B) No Filebo
- C) No Timeo
Respostas ao test (1) sobre a filosofía de Platón
1. Como explica Platón a relación entre as Ideas e as cousas?
(A) Pola imitación e a participación.
2. Que son as Ideas?
(B) Esencias subsistentes.
3. As Ideas son de natureza:
(B) Inmaterial, intelixíbel.
4. A teoría das Ideas:
(C) Afirma que existen dous niveis de realidade: un visíbel e outro intelixíbel.
5. Autocriticou algunha vez Platón a teoría das Ideas?
(B) Si, no Parménides.
6. En que se inspira o Demiúrgo para modelar a materia?
(B) No mundo das Ideas.
7. En que obra expón Platón a teoría das Ideas?
(C) En varios dos seus diálogos, pero en ningún especialmente de forma sistemática.
8. En que obra expón Platón a súa cosmoloxía?
(C) No Timeo.