Platón


Busto de Platón

En torno a Platón

Anécdotas recolleitas por Dióxenes Laercio

Marca de color naranja con la que se da inicio a la anécdota "Tivo dous irmáns, Adimanto e Glaucón; e unha irmá chamada Potone, que foi nai de Espeusipo. Nas letras foi discípulo de Dionisio, de quen fai memoria nas súas Anterastes. Exercitouse na palestra baixo a dirección de Aristón Argivo, mestre de loita, o cal, pola boa proporción do corpo, mudoulle no de Platón o nome de Aristocles que antes tiña, tomado do seu avó, segundo di Alexandre nas Sucesións. Outros son do sentir que o chamaron así polo amplo da súa locución, ou ben porque tiña a fronte longa, como escribe Neantes. Din algúns que loitou nos xogos ístmicos; e iso afirma tamén Dicearco no libro 1 das Vidas. Exerceu así mesmo a pintura, e compuxo primeiro ditirambos, despois cantos e traxedias. Timoteo ateniense di nas Vidas que Platón tivo a voz delgada." (Dióxenes Laercio, Vidas dos filósofos ilustres).

Marca de color naranja con la que se da inicio a la anécdota "Navegou tres veces a Sicilia: a primeira a fin de ver a illa e observar o Etna, en cuxa ocasión, sendo tirano da mesma Dionisio, fillo de Hermócrates, presionouno para que falase con el. Falou, pois, entón Platón sobre a tiranía, e dixolle que "non era o mellor aquilo que era conveniente a el só, se non o que se conformaba coa virtude"; enfadouse Dionisio, e dixolle: "as túas razóns saben a vellez". "E as túas a tiranía", respondeulle Platón. Indignado, o tirano quixo quitarlle a vida. Non o executou, pois intercederon por el Dión e máis Aristómenes; pero entregouno a Polido Lacedemonio (que entón era embaixador alí) para que o vendese; este levouno e vendeuno en Egina. Acusouno á sazón como reo de morte Carmandro, fillo de Carmandrides ao teor da lei que puxeran de que morrese sen esperar sentencia de xuíz o primeiro ateniense que entrase na illa; a cal lei lles puxera el mesmo como di Favorino na súa Varia historia. Pero como un dixese por chanza que o que desembarcara era filósofo, deixárono en liberdade.

Outros din que o levaron perante o tribunal; e como visen que non dicía nada na sua defensa e que estaba pronto a recibir calquera sorte que lle tocase, non o xulgaron digno de morte, e determinaron vendelo como escravo. Rescatouno Anníceris de Cirene, que se achaba alí casualmente, polo prezo de vinte minas, ou segundo algúns, de 30; e enviouno a Atenas aos seus amigos. Estes remitíronlle logo o custo do rescate; pero Anníceris non o quixo, dicíndolles que "non eran eles sos os que tiñan coidado de Platón". Outros afirman que foi Dión quen enviou o diñeiro, e que non o quixo coller, senón que comprou para el un pequeno horto na Academia." (Dióxenes Laercio, Vidas dos filósofos ilustres).

A muller na Grecia clásica

Debuxo dunha escea familiar da grecia antigaA situación da muller de familia acomodada na Atenas do século V a.c. non parece demasiado afagadora. As esposas dos cidadáns, por exemplo, non teñen ningún dereito político nin xurídico, encontrándose a este respecto ao mesmo nivel que os escravos. A súa vida transcorre recluída no gineceo, os dormitorios da casa reservados ás mulleres, dos que, sendo mozas, apenas saen, agás para asistir a algunha festa relixiosa ou ás clases de canto e baile -as que estean destinadas a participar nos coros relixiosos-, debendo permanecer lonxe de toda mirada masculina, incluso dos membros da súa propia familia. Non era así en Esparta, onde a este respecto os costumes son máis tolerantes, realizando os exercicios físicos xunto cos mozos fóra de súas casas en lugares públicos. As mozas atenienses, polo contrario, reciben un ensino fundamentalmente centrado na preparación para as ocupacións domésticas: aprendizaxe de cociña, elaboración de tecidos, organización da economía doméstica e, algunhas, rudimentos de lectura, cálculo e música, todo iso a cargo de algún familiar feminino, ou dalgunha criada ou escrava. A súa vida está fundamentalmente orientada, pois, cara o matrimonio, que tiña lugar, polo xeral, en torno aos catorce ou quince anos, e que na época é o resultado dun trato entre familias, no que tampouco interveñen. Nos últimos anos do século V, na época da guerra do Peloponeso, a situación das mulleres atenienses parece mellorar un pouco no que fai á súa liberdade de movemento, como se reflicte nalgunhas obras de Aristófanes, como Lisístrata ou a Asemblea de mulleres. Nesta época, e na inmediatamente posterior a principios do século IV, viviron en Atenas algunhas mulleres que, atenienses ou non, salientaron pola súa intelixencia e cultura, ao tempo que rexeitaban a súa reclusión no gineceo e buscaban un trato de ti a ti cos homes, chegando a ser recoñecidas e admiradas por moitos deles. É o caso de Aspasia de Mileto, coa que se emparellou Pericles, participante habitual nas reunións filosóficas e políticas que este celebraba cos seus amigos, entre os que se contaba Anaxágoras, por exemplo, e admirada por Sócrates, que lle tiña un gran respecto segundo o dicir de Xenofonte ("Económico") e Platón ("Menexeno"). Tamén, se tomamos en consideración o testemuño de Dióxenes Laercio, houbo mulleres na Academia de Platón, Lastenia de Mantinea e Axiotea Flisiaca, entre outras, o que non é de estrañar se temos en conta as consideracións de Platón sobre a muller na República.