As obras de Platón
Obras
Platón elixe o diálogo como forma de expresión do seu pensamento; talvez como homenaxe ao seu mestre Sócrates a quen, polo demais, converte en interlocutor de practicamente todos eles; ou talvez polo influxo da súa época, na que o diálogo era unha das formas habituais de expresión filosófica. A súa obra pódese dividir en varios períodos, segundo distintos criterios, sendo unha das clasificacións máis aceptadas a cronolóxica:
1. Diálogos de mocidade (dos 28 aos 38 anos) (399-389)
Os diálogos de mocidade están dominados polos temas de carácter socrático, e neles Plató mantense fiel ao ensinado por Sócrates. Son desta época as viaxes a Megara, Cirene, Exipto e Italia.
- - Apoloxía de Sócrates (o coñecido retrato socrático do mozo Platón)
- - Critón (Sócrates no cárcere sobre problemas cívicos)
- - Laques (O valor)
- - Lise (A amizade)
- - Cármides (A temperanza)
- - Eutifrón (A Piedade)
- - Ión (A poesía como don divino)
- - Protágoras (É ensinábel a virtude?) (Hai unha versión bilingüe grego/español desta obra en internet, nas páxinas do Proyecto Filosofía en español, pero necesitarás instalar a fonte grega para poder vela correctamente, que atoparás o comezo da tradución).
2. Diálogos de transición (dos 38 aos 41 anos) (389-385)
Neste período Platón verte nos seus diálogos algunhas opinións que non podemos considerar estritamente socráticas, comezando a introducir elementos da súa propia colleita, algúns dos cales apuntan xa cara á teoría das Ideas. Ten lugar nesta época o primeira viaxe a Siracusa (Sicilia) á corte de Dionisio primeiro e a amizade con Dión. O obxecto da viaxe fracasa, sendo vendido por Dionisio como escravo en Egina e rescatado por un concidadán.
- - Gorgias (Sobre retórica e política)
- - Crátilo (Sobre a significación das palabras)
- - Hipias maior e Menor (Sobre a beleza o primeiro, e sobre a verdade do segundo)
- - Hipias maior e Menor (Sobre a beleza o primeiro, e sobre a verdade do segundo)
- - Menón (¿É ensinábel a virtude?)
- - Meneceno (parodia sobre as oracións fúnebres, segundo algúns estudosos da obra de Platón)
3. Diálogos de madurez (dos 41 aos 56 anos) (386-370)
Nestas obras atopamos xa o pensamento de Platón en toda a súa propia dimensión. A influencia de Sócrates é mínima, e o pensamento que expresa nos diálogos responde estritamente ao pensamento de Platón. A súa actividade céntrase fundamentalmente na Academia en Atenas.
- - Fedón (Sobre a inmortalidade da alma, o último día de Sócrates en prisión)
- - Banquete (Sobre o amor)
- - República (Sobre política e outros asuntos: metafísicos, gnoseolóxicos, etc.)
- - Fedro (Sobre o amor, a beleza e o destino da alma)
4. Diálogos críticos e de vellez (dos 56 aos 78 anos) (370-347)
a) (369-362, dos 56 aos 63 anos): Revisión crítica da teoría da Ideas e dalgunhas das súas consecuencias, aínda que iso non signifique que sexan abandonadas. Segundo (369) e terceiro (361) viaxe a Italia á corte de Dionisio II, quen ao pouco tempo rexeitou a súa educación.
- - Parménides (Crítica da teoría das ideas)
- - Teeteto (Sobre o coñecemento)
- - Sofista (Linguaxe, retórica e coñecementos)
- - Político (Sobre política e filosofía)
b) (361-347, dos 64 aos 78 anos): Crecente pesimismo de Platón, se nos atemos ao contido das súas obras últimas, que xa na fase crítica parecían inclinarse cara ao predominio dos elementos místico-relixiosos e pitagorizantes do seu pensamento.
- - Filebo (O pracer e o ben)
- - Timeo (Cosmoloxía)
- - Critias (Descrición da antiga Atenas, mito Atlántida...)
- - As Leis (A cidade ideal, revisión pesimista da República)
- - Carta VII (nesta carta Platón preséntanos a súa coñecida e breve autobiografía)