Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre a vida de Platón
1. Platón era de:
- A) Mileto
- B) Atenas
- C) Akragas
2. Nunha das súas viaxes a Italia Platón coñeceu ao pitagórico:
- A) Alcibíades de Elea
- B) Arquitas de Tarento
- C) Empédocles de Akragas
3. A escola filosófica de Platón chamouse:
- A) Liceo
- B) Ximnasio
- C) Academia
4. Realizou varias viaxes a Siracusa. Cantas?
5. Platón naceu no ano:
- A) 527 a.c.
- B) 328 d.c.
- C) 428/427 a.c.
6. A condena a morte de Sócrates pareceulle:
- A) Xusta
- B) Inxusta
- C) Razoábel
7. A súa familia era de orixe:
- A) Humilde
- B) Aristocrático
- C) Artesán
8. O verdadeiro nome de Platón era:
- A) Adimanto
- B) Aristocles
- C) Glaucón
9. Platón reclamouse sempre discípulo de:
- A) Aristóteles
- B) Sócrates
- C) Epicuro
10. As viaxes a Siracusa fíxoas:
- A) Por pracer
- B) Para coñecer as doutrinas pitagóricas
- C) Para intentar aplicar as súas teorías políticas
Respostas ao test sobre a vida de Platón
1. Platón era de:
(B) Atenas.
2. Nunha das súas viaxes a Italia Platón coñeceu ao pitagórico:
(B) Arquitas de Tarento.
3. A escola filosófica de Platón chamouse:
(C) Academia.
4. Realizou varias viaxes a Siracusa. Cantas?
(C) 3
5. Platón naceu no ano:
(A) 428/427 a.c.
6. A condena a morte de Sócrates pareceulle:
(B) Inxusta.
7. A súa familia era de orixe:
(B) Aristocrático
8. O verdadeiro nome de Platón era:
(B) Aristocles.
9. Platón reclamouse sempre discípulo de:
(B) Sócrates.
10. As viaxes a Siracusa fíxoas:
(C) Para intentar aplicar as súas teorías políticas.