Karl Heinrich Marx


Marx

Obras

Os escritos de Marx conteñen materiais moi diversos, de tipo filosófico, económico, político, social e histórico, ademais dunha ampla correspondencia e numerosos artigos de carácter xornalístico nos que se abordan cuestións moi concretas, relacionadas coa situación socio-política do seu tempo. Algúns dos seus escritos, ademais, realizounos en colaboración especialmente con F. Engels. A seguir ofrecemos a relación do que se consideran as obras de Marx máis significativas.

Principais obras de Marx

  • 1841 Diferencias entre a filosofía natural de Demócrito e a filosofía natural de Epicuro (Tese de doutoramento)
  • Crítica da filosofía do dereito de Hegel.
  • 1844 Manuscritos económico-filosóficos. (Publicados en 1932)
  • 1845 Teses sobre Feuerbach.
  • 1847 Traballo asalariado e capital.
  • 1847 A miseria da filosofía
  • 1848 Discurso sobre o libre cambio.
  • 1849 A burguesía e a contrarrevolución (segundo artigo). Publicado na Neue Rheinische Zeitung
  • 1849 Traballo asalariado e capital.
  • 1850 As loitas de clases en Francia de 1848 a 1850.
  • 1851-1852 O dezaoito brumario de Luis Bonaparte.
  • 1853 A dominación británica na India.
  • 1853 Futuros resultados da dominación británica da India.
  • 1854 A España revolucionaria.
  • 1859 Contribución á Crítica da Economía Política.
  • 1864 Manifesto inaugural da Asociación Internacional dos Traballadores.
  • 1865 Salario, prezo e ganancia.
  • 1867 O Capital
  • 1871 A guerra civil en Francia.
  • 1874 Anotacións ao libro de Bakunin O Estado e a Anarquía.
  • 1875 Crítica ao Programa de Gotha.

Obras escritas en colaboración con Engels

  • 1845 A ideoloxía alemá (publicada en 1932)
  • 1845 A sagrada familia
  • 1848 Manifesto do Partido Comunista.
  • 1850 Circular do Comité Central á Liga Comunista.
  • 1871 Das resolucións da Conferencia de Delegados da Asociación Internacional dos Traballadores.
  • 1872 As pretendidas escisións da Internacional.
  • 1879 Da carta circular á. Bebel, W. Liebknecht, W. Bracke e outros.