Karl Heinrich Marx
(1818-1883)
- A filosofía de Marx
- Converteuse xa nun tópico tradicional presentar a obra de Marx como o resultado dunha tripla influencia: da filosofía hegeliana, do socialismo francés, e da economía política inglesa. A partir delas, Marx desenvolverá un novo marco conceptual sobre o que acabará construíndo o seu pensamento: un pensamento orixinal, creativo, que exercerá unha influencia considerábel no desenvolvemento do pensamento, (non só político e social, o que resulta indubidábel), da segunda metade do século XIX e de todo o século XX.
O que hai en webdianoia sobre Marx
Nas páxinas dedicadas a Marx atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.
Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de Marx.
Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: a xénese do marxismo, alienación e ideoloxía, o materialismo dialéctico, e o materialismo histórico. A cada un destes aspectos do seu pensamento dedícaselle unha páxina.
Na cuarta sección, "Textos", atoparás una breve selección de fragmentos de obras de Marx, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario. Atoparás, ademais, ligazóns a algúns sitios de internet onde che ofrecen a posibilidade de acceder gratuitamente a traducións de obras completas de Marx en distintos idiomas.
Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Marx. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).
Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas na súa época ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Marx, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.
Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Marx, na sección "Glosario filosófico" poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario marxista.