Immanuel Kant

Exercicios tipo test

Test sobre a filosofía de Kant (4)

Preguntas

Formulario do test
1. O coñecemento moral é un coñecemento:
  • do ser, do que é.
  • do non ser, do que non é.
  • do deber ser: do comportamento que deberían observar os seres humanos.
2. Cantos usos considera Kant que ten a razón?
  • Todos os que poidamos imaxinar.
  • Dous: un uso teórico e un uso práctico.
  • Non se puido determinar, por mor da dificultade do asunto e da brevidade da vida humana.
3. A concepción do Ben nas éticas anteriores, segundo Kant:
  • Precede á experiencia.
  • Predi a experiencia.
  • Procede da experiencia.
4. Por que han de ser "a priori" as leis da moralidade?
  • Porque deben proceder da experiencia.
  • Porque han de ter un carácter universal e necesario.
  • Porque deben axustarse á natureza humana.
5. Un sistema moral ha de ter estas características:
  • ser formal (a priori), con normas categóricas e autonomía da vontade.
  • ser material (a priori), con normas categóricas e autonomía da vontade.
  • ser a priori (formal), con normas hipotéticas e autonomía da vontade.
6. Que é obrar por deber?
  • Obrar segundo as inclinacións naturais (fago o que debo, respectando a miña natureza).
  • Obrar por reverencia ou respecto á lei moral que a vontade se dá a si mesma.
  • Obrar segundo o que din as leis civís (coma cando se di: hai que facer isto, porque é a lei).
7. Que é o imperativo categórico?
  • A norma que impoñen á conciencia os sistemas éticos materiais.
  • O principio supremo da moralidade: o ben ha de facerse e o mal ha de evitarse.
  • A fórmula na que se expresa o mandato ou orde da lei moral, que contén só a forma pura da moralidade.