Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre a filosofía de Kant (2)
1. Que entende Kant por intuición?
- A) A captación directa das esencias das cousas.
- B) O modo mediante o cal o coñecemento se refire inmediatamente a un obxecto.
- C) Estar seguro de que vai ocorrer algo, e que logo iso ocorra.
2. Son o espazo e o tempo intuicións, para Kant?
- A) Si. Xa que non son cousas nin conceptos Kant considéraos intuicións puras.
- B) Non. O espazo e o tempo son formas puras, non intuicións.
- C) O espazo é unha intuición pura, pero o tempo non.
3. Que quere dicir "transcendental", para Kant?
- A) Quere dicir que é moi importante.
- B) Kant dálle varios significados, pero en numerosas ocasións identifícao co "a priori", con aquilo que é independente da experiencia.
- C) É a realidade no sumo grao.
4. Que é o entendemento, para Kant?
- A) É a capacidade de entender o que se di.
- B) O entendemento é a facultade de pensar, de unificar baixo o concepto a diversidade ofrecida pola sensibilidade.
- C) É a facultade de investigar o mundo coas posibilidades que ofrece a razón pura.
5. Segundo Kant, as categorías son:
- A) Conceptos puros do entendemento, as formas a priori ou transcendentais do entendemento.
- B) Conxuntos de cousas que serven para clasificar a realidade.
- C) Os niveis máis importantes en que podemos dividir a realidade: o sensíbel e o intelixíbel.
6. A Partir de que deduce Kant as categorías?
- A) A Partir dos graos de ser que observamos no mundo.
- B) A Partir dos graos de realidade da materia e do inmaterial.
- C) A Partir das formas de xuízo.
7. O principio de causalidade é, para Kant:
- A) Un principio derivado da experiencia.
- B) Un dos primeiros principios do entendemento, que deriva da aprehensión inmediata do ser.
- C) Unha categoría do entendemento.
Respostas ao test sobre a filosofía de Kant (2)
1 Que entende Kant por intuición?
(B) O modo mediante o cal o coñecemento se refire inmediatamente a un obxecto.
2 Son o espazo e o tempo intuicións, para Kant?
(A) Si. Xa que non son cousas nin conceptos Kant considéraos intuicións puras.
3 Que quere dicir "transcendental", para Kant?
(B) Kant dálle varios significados, pero en numerosas ocasións identifícao co "a priori", con aquilo que é independente da experiencia.
4 Que é o entendemento, para Kant?
(B) O entendemento é a facultade de pensar, de unificar baixo o concepto a diversidade ofrecida pola sensibilidade.
5 Segundo Kant, as categorías son:
(A) Conceptos puros do entendemento, as formas a priori ou transcendentais do entendemento.
6 A Partir de que deduce Kant as categorías?
(C) A Partir das formas de xuízo.
7 O principio de causalidade é, para Kant:
(C) Unha categoría do entendemento.