Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre a biografía de Kant
1. Immanuel Kant naceu o 22 de abril de 1724 en:
- A) Halle
- B) Königsberg
- C) Prölkus
2. Kant educouse nun contexto:
- A) No que predominaban os ideais laicos da Ilustración.
- B) No que predominaban os ideais relixiosos máis ortodoxos.
- C) No que predominaba o pietismo, tendencia relixiosa que se desenvolveu en Alemaña como protesta contra a ortodoxia relixiosa
3. Iniciou os seus estudios universitarios en:
- A) Bonn
- B) Königsberg
- C) Leipzig
4. En 1770 tomou posesión, na Universidade de Königsberg, da cátedra de:
- A) Filosofía Natural
- B) Lóxica e Metafísica
- C) Ética
5. O verdadeiro título da obra coñecida como "Disertación de 1770" é:
- A) Sobre os principios da crítica do mundo sensíbel e intelixíbel.
- B) Sobre a forma e principios do mundo sensíbel e intelixíbel.
- C) Crítica dos principios do mundo sensíbel e intelixíbel.
6. Kant realizou numerosas viaxes ao longo da súa vida.
- A) Si, como tantos outros filósofos, xa a partir da antigüidade.
- B) Non. Kant xamais saíu da súa cidade natal.
- C) Non. Só viaxou ás cidades de Judschen e Osteroden, onde exerceu como profesor privado durante un breve período de tempo.
7. A vida de Kant caracterizouse:
- A) Polo luxo e refinamento do que se rodeou ata a súa morte.
- B) Pola súa sinxeleza e regularidade.
- C) Polo afán de poder político, que o levou a afrontarse con Federico Guillermo II, razón pola que foi censurada unha das súas obras.
8. A filosofía de Kant:
- A) Acadou gran difusión e aceptación nos principais círculos culturais de Alemaña antes da súa morte.
- B) Foi ignorada polos seus contemporáneos, rexurdindo con forza trala súa morte.
- C) Non exerceu unha influencia real na filosofía ata principios do século XX.
Respostas ao test sobre a biografía de Kant
1. Immanuel Kant naceu o 22 de abril de 1724 en:
(B) Königsberg
2. Kant educouse nun contexto:
(C) No que predominaba o pietismo, tendencia relixiosa que se desenvolveu en Alemaña como protesta contra a ortodoxia relixiosa.
3. Iniciou os seus estudios universitarios en:
(B) Königsberg
4. En 1770 tomou posesión, na Universidade de Königsberg, da cátedra de:
(B) Lóxica e Metafísica
5. O verdadeiro título da obra coñecida como "Disertación de 1770" é:
(B) Sobre a forma e principios do mundo sensíbel e intelixíbel.
6. Kant realizou numerosas viaxes ao longo da súa vida.
(C) Non. Só viaxou ás cidades de Judschen e Osteroden, onde exerceu como profesor privado durante un breve período de tempo.
7. A vida de Kant caracterizouse:
(B) Pola súa sinxeleza e regularidade.
8. A filosofía de Kant:
(A) Acadou gran difusión e aceptación nos principais círculos culturais de Alemaña antes da súa morte.