Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
  Test 1 sobre a obra de Marx
  1. O pensamento de Marx desenvólvese a partir de: 
  
    -  A) A filosofía de Hume, o materialismo e a teoría da alienación.
-  B) A filosofía hegeliana, o socialismo francés e a economía política inglesa.
-  C) O idealismo francés, o socialismo inglés e a economía política alemá. 
2. O obxectivo da filosofía de Marx é: 
  
    -  A) Reconsiderar os estudos históricos a partir do materialismo.
-  B) Fundamentar filosoficamente a economía política.
-  C) Transformar a sociedade. 
3. O materialismo dialéctico considera: 
  
    -  A) Que non existe máis realidade fundamental que a materia.
-  B) Que non existe máis realidade fundamental que a economía.
-  C) Que a realidade fundamental é a materia inerte. 
4. Segundo o materialismo dialéctico: 
  
    -  A) O movemento da realidade vai da idea á cousa.
-  B) A materia é unha realidade dinámica.
-  C) Só é posíbel unha interpretación mecanicista da realidade. 
5. O materialismo histórico: 
  
    -  A) Concibe a historia como o produto das ideas e a vontade.
-  B) Concibe a historia como unha colección de feitos materiais.
-  C) Proponse explicar a historia a partir da produción práctica da existencia. 
6. Segundo Marx, o motor da historia é: 
  
    -  A) O conflito do ser humano coa natureza.
-  B) A loita de clases.
-  C) O proletariado. 
7. Segundo o materialismo histórico: 
  
    -  A) A conciencia determina as formas de produción material da existencia.
-  B) O modo de produción da vida material condiciona o proceso social, político e espiritual da vida.
-  C) A realidade material depende da vontade e desexos dos seres humanos.
 
  Respostas ao test 1 sobre a obra de Marx
  1. O pensamento de Marx desenvólvese a partir de:
    (B) A filosofía hegeliana, o socialismo francés e a economía política inglesa. 
  2. O obxectivo da filosofía de Marx é:
    (C) Transformar a sociedade. 
  3. O materialismo dialéctico considera:
    (A) Que non existe máis realidade fundamental que a materia. 
  4. Segundo o materialismo dialéctico:
    (B) A materia é unha realidade dinámica. 
  5. O materialismo histórico:
    (C) Proponse explicar a historia a partir da produción práctica da existencia. 
  6. Segundo Marx, o motor da historia é:
    (B) A loita de clases. 
  7. Segundo o materialismo histórico:
    (B) O modo de produción da vida material condiciona o proceso social, político e espiritual da vida.