Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
  Test sobre  a lóxica de Aristóteles
  1. Que se entende por extensión dun concepto?
  
    - A)   Que o termo que a expresa é moi longo
 
    -  B)   Que é máis ou menos flexíbel, segundo a súa aplicación
 
    - C)   A cantidade de suxeitos aos que pode aplicarse
 
  
  2. O siloxismo é:
  
    - A)   Un razoamento hipotético
 
    -  B)   Un razoamento categórico dedutivo 
 
    -  C)   Un razoamento particular
 
  
  3. Os predicábeis son:
  
    - A)   Os modos de atribución dos conceptos universais
 
    -  B)   Os predicados posíbeis dunha proposición
 
    -  C)   As categorías do ser
 
  
  4. Cal destas obras de Aristóteles non pertence á lóxica?
  
    - A)   Tópicos 
 
    -  B)   Categorías 
 
    -  C)   Protréptico 
 
  
  5. A premisa maior dun razoamento é:
  
    - A)   A máis longa, a que ten máis palabras
 
    -  B)   A máis xeral (e que se toma como punto de partida)
 
    -  C)   A máis importante
 
  
  6. Se dicimos que un concepto é simple referímonos a:
  
    - A)   á facilidade para captalo (un neno faríao)
 
    -  B)   a súa comprensión 
 
    -  C)   a súa extensión 
 
  
  7. En función da calidade os xuízos poden ser:
  
    - A)   Afirmativos e negativos 
 
    -  B)   Particulares e singulares 
 
    -  C)   Categóricos e hipotéticos 
 
  
  8. Como se chamou ao conxunto das obras lóxicas de Aristóteles?
  
    - A)   Logicum 
 
    -  B)   Opera omnia 
 
    -  C)   Organon 
 
  
  9. Se dicimos que un concepto é particular referímonos:
  
    - A)   a súa comprensión 
 
    -  B)   a súa extensión 
 
    -  C)   á súa particularidade
 
  
  10. Que se entende por comprensión dun concepto?
  
    - A)   O que significan as palabras
 
    -  B)   A cantidade de características esenciais que contén 
 
    -  C)   Que se pode entender con facilidade
 
  
   
  Respostas ao test sobre a lóxica de Aristóteles
  1 Que se entende por extensión dun concepto?
  (C) A cantidade de suxeitos aos que pode aplicarse
  2 O siloxismo é:
  (B) Un razoamento categórico dedutivo 
  3 Os predicábeis son:
  (A) Os modos de atribución dos conceptos universais
  4 Cal destas obras de Aristóteles non pertence á lóxica?
  (C) Protréptico 
  5 A premisa maior dun razoamento é:
  (B) A máis xeral (e que se toma como punto de partida)
  6 Se dicimos que un concepto é simple referímonos:
  (B) a súa comprensión 
  7 En función da calidade os xuízos poden ser:
  (A) Afirmativos e negativos 
  8 Como se chamou ao conxunto das obras lóxicas de Aristóteles?
  (C) Organon 
  9 Se dicimos que un concepto é particular referímonos:
  (B) a súa extensión 
  10 Que se entende por comprensión dun concepto?
  (B) A cantidade de características esenciais que contén