Demócrito de Abdera


Demócrito de Abdera

(- 460 a - 370)

Fragmentos de Demócrito

Frg. 3.- Quen se propón a tranquilidade de espírito ten que ocuparse de moi poucos asuntos, tanto a título particular como en canto cidadán; non debe emprender nada que supere as súas forzas e a súa natureza; debe manterse alerta a fin de ignorar a fortuna, incluso cando lle é hostil e parece arrastralo irresistibelmente; en fin, non debe ligarse máis que a aquilo que non supere as súas forzas; a carga que soportan os nosos lombos é mellor que sexa pouco pesada a que sexa fácil de levar.

Frg. 31.- A menciña coida os males do corpo, a sabedoría suprime os males do alma.

Frg. 33.- A natureza e a educación son próximas unha á outra. Pois a educación transforma ao home pero, mediante dita transformación, créalle unha segunda natureza.

Frg. 173.- Para o home os males nacen dos bens, cando non se sabe administralos nin utilizalos convenientemente. Sen embargo, non é xusto clasificalos como males, xa que son efectivamente bens; e pódese, se se quere, utilizar o ben para defenderse do mal.

Frg. 285.- Hai que recoñecer que a vida humana é fráxil, que dura pouco e que constantemente se ve sacudida polos golpes e as dificultades do destino; polo tanto, non debe preocuparse un por posuír, máis que moderadamente, e medir as miserias segundo o que é necesario.

Frg. 286.- É sabio o que non se aflixe polo que non ten e comprácese no que ten.

Frg. 297.- Algúns, por causa da ignorancia na que son respecto á descomposición reservada á nosa natureza, e como consecuencia tamén da conciencia que teñen das súas malas accións, pasan a súa vida na dúbida e na angustia, imaxinando enganosas fábulas sobre o que ocorre despois da morte.

Frg. 582.- Simplicio transmítenos este fragmento (de caelo 242,21): ... estes átomos móvense no baleiro infinito, separados uns doutros e diferentes entre si en figuras, tamaños, posición e orde; ao sorprenderse uns a outros chocan e algúns son expulsados mediante sacudidas ao azar en calquera dirección, mentres que outros, entrelazándose mutuamente en consonancia coa congruencia das súas figuras, tamaños, posicións e ordenamentos, mantéñense unidos e así orixinan o nacemento dos corpos compostos.