Xenófanes de Cólofon
Análises, comentarios e xuízos críticos
Exercicio 2
Elabora un xuízo crítico sobre a opinión de Xenófanes sobre o coñecemento humano e os seus límites.
Sobre o coñecemento humano e os seus límites:
A verdade segura sobre os deuses e sobre todas as cousas das que falo
non a coñece ningún humano e ningún a coñecerá.
Ata aínda que alguén anunciase algunha vez a verdade máis acabada,
el mesmo non podería sabelo: todo está misturado de conxectura.
Desde o principio os deuses non revelaron todo aos mortais,
pero estes, buscando, no curso do tempo atopan o mellor.
Se Deus non decidise facer o amarelado mel,
Máis dun pensaría que os figos son moito máis doces.