Xenófanes de Cólofon


Análises, comentarios e xuízos críticos

Exercicio 1


Realiza unha análise dos fragmentos de Xenófanes sobre cuestións teolóxicas na que se saliente a súa estrutura argumentativa.

Sobre cuestións teolóxicas:

Chatos, negros: así ven os etíopes aos seus deuses.
De ollos azuis e louros: así ven aos seus deuses os tracios.
Pero se os bois e os cabalos e leóns tivesen mans,
mans como as persoas, para debuxar, para pintar, para crear unha obra de arte,
entón os cabalos pintarían aos deuses semellantes aos cabalos, os bois
semellantes a bois, e a partir das súas figuras crearían
as formas dos corpos divinos segundo a súa propia imaxe: cada un segundo a súa.
Soamente un deus é o supremo, único entre deuses e homes,
nin en figura nin en pensamento semellante aos mortais.
Permanece sempre no mesmo lugar, sen movemento,
e non lle convén emigrar dun lado a outro.
Sen esforzo fai vibrar ao Todo, só por medio do seu saber e querer.
Todo el é ver, todo pensar e planear e todo el é escoitar.