Immanuel Kant
(1724-1804)
- O Idealismo trascendental
- A filosofía kantiana, chamada polo seu autor Idealismo Transcendental e coñecida entre nós tamén como filosofía crítica ou "criticismo", desenvólvese a partir dunha nova solución do problema do coñecemento segundo a cal os elementos formais e os elementos materiais do coñecemento han de colaborar para que este poida darse, pretendendo, deste modo, superar as limitacións do empirismo e do racionalismo.