Zenón de Elea


Zenón de Elea

(- 489? a - 430)

Test sobre Zenón de Elea

Preguntas

Formulario do test
1. Zenón foi discípulo de:
  • Tales de Mileto.
  • Parménides de Elea.
  • Heráclito de Éfeso.
2. Respecto da súa actividade política, cóntase que Zenón:
  • Foi elixido gobernante polos cidadáns de Elea, por un período de 10 anos.
  • Participou na instauración da ditadura de Diomedonte.
  • Participou na conxura para derrocar a un tirano (Nearco ou Diomedonte, segundo as versións).
3. Unha característica do seu pensamento é:
  • A defensa do pluralismo e do cambio, de acordo cos pitagóricos.
  • A crítica da pluralidade e do movemento, en defensa da unidade do ser.
  • A crítica da teoría das Ideas de Platón.
4. As aporías ou paradoxos de Zenón baséanse:
  • Na redución ao absurdo.
  • Na defensa da existencia do non-ser.
  • No principio do terzo excluído.
5. No argumento do estadio ou da dicotomía e no de Aquiles e a tartaruga, Zenón:
  • Parte do suposto de que o espazo é indivisíbel.
  • Parte do suposto de que o espazo é infinitamente divisíbel.
  • Parte do suposto de que o espazo é moi pequeno.
6. No argumentos da frecha e o branco e no das filas en movemento, Zenón:4
  • Parte do suposto de que o espazo é infinitamente divisíbel.
  • Parte da consideración do espazo e o tempo como compostos por unidades indivisíbeis.
  • Parte do suposto de que espazo e tempo son entidades imaxinarias.
7. A conclusión á que conducen os argumentos de Zenón é:
  • Que a pluralidade e o movemento son imposíbeis, de acordo con Parménides.
  • Que o espazo e o tempo son infinitamente divisíbeis.
  • Que hai unha multitude infinita de seres, de todo tipo e tamaño.