Parménides de Elea


Parménides de Elea

(- 540 a - 470)

Test sobre Parménides

Preguntas

Formulario do test
1. De Parménides de Elea dise:
  • Que foi discípulo de Heráclito, aínda que abandonou os seus ensinos, traizoando ao mestre.
  • Que foi pitagórico e que abandonou dita escola para fundar a súa, con elementos anti-pitagóricos.
  • Que viviu con Homero e Hesíodo, de quen aprendeu a arte da poesía.
2. O esencial do pensamento de Parménides:
  • Atópase en breves fragmentos illados, cuxa autenticidade está en dúbida.
  • Atópase nun poema filosófico en hexámetros que nos chegou a través de Simplicio.
  • Atópase nas referencias illadas transmitidas por Diógenes Laercio.
3. Falando dun modo moi xeral, a doutrina de Parménides:
  • Afirma o devir da realidade.
  • Afirma o ser e rexeita o devir da realidade, que considera ilusorio.
  • Afirma que o ser é inmaterial, e asimílao á Idea platónica.
4. Respecto ao coñecemento, Parménides:
  • Considera que hai dous modos, aos que chama vía da verdade e vía da opinión.
  • Considera que é imposíbel, dado que a realidade é devir.
  • Considera que é posíbel, pero ilusorio, polo que dedicará a súa vida á poesía.
5. A aceptación do non ser (que o non-ser é) constitúe, para Parménides:
  • O punto de partida da vía da opinión, e resulta inaceptábel.
  • O punto de partida da vía da verdade, do coñecemento verdadeiro.
  • A primeira esixencia do pensamento racional.
6. A afirmación do ser (o ser é) e a consecuente negación do non-ser (o non-ser non é):
  • É un claro erro do pensamento, que conduce a todo tipo de confusións.
  • É o punto de partida do verdadeiro coñecemento, e é a única vía transitábel.
  • Non é posíbel aceptala, xa que fai que a razón caia nun coñecemento ilusorio.
7. O devir da realidade:
  • Acéptao Parménides como algo real, xa que resulta ser unha evidencia sensíbel.
  • É rexeitado por Parménides, pois a razón non pode aceptar o paso do ser ao non-ser, ou viceversa.
  • Parménides non se expón a cuestión do devir da realidade.
8. Para Parménides, o ser é:
  • Creado e imperfecto, enteiro, único, mutábel e completo.
  • Inxénito e imperecedoiro, enteiro, único, inmutábel e completo.
  • Inxénito e imperecedoiro, enteiro, múltiple, mutábel e incompleto.