Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre Empédocles de Akragas
1. Ademais de como filósofo, Empédocles foi coñecido polos seus concidadáns:
A) Como astrónomo e poeta.
B) Como médico e xamán.
C) Como estratego e político.
2. Nas Purificacións, unha das súas obras, defende:
A) A orixe divina da especie humana.
B) A teoría da transmigración das almas.
C) A necesidade da expiación pública dos pecados.
3. En canto á súa explicación da natureza:
A) Acepta o carácter ilusorio do cambio, seguindo a Parménides.
B) Acepta a permanencia do ser, pero non o carácter ilusorio da realidade sensible.
C) Rexeita a necesaria permanencia do ser, en oposición a Parménides.
4. Para Empédocles a realidade é o resultado:
A) Da combinación de catro elementos, regulada polo amor e o odio.
B) Da acción do amor e o odio sobre un único elemento primordial: a materia primeira.
C) Da vontade dos deuses superiores, inspirados polo amor.
5. O mundo, tal como nós o coñecemos:
A) Está na súa fase inicial, onde predomina o amor.
B) Está a medio camiño entre o predominio do amor e o do odio.
C) Está na súa fase final, próximo á súa destrución e dominado polo odio.
6. Os elementos a que se refire Empédocles son:
A) Aire, ápeiron, lume e terra.
B) Auga, lume, aire e terra.
C) Terra, lume e materia primeira.
7. Que entende Empédocles por xeración das cousas?
A) Que as cousas créanse realmente a partir da nada.
B) Propiamente falando non hai xeración, senón agregación ou mestura de elementos.
C) Que as cousas créanse realmente por xeración espontánea.
8. Os ensinos relixiosos de Empédocles:
A) Son creacións orixinais de Empédocles.
B) Pódense relacionar directamente co orfismo e co pitagorismo.
C) Proceden de antigas tradicións orientais, como o taoísmo.
Respostas ao Test sobre Empédocles de Akragas