Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre Anaxímenes de Mileto
1. Segundo Teofrasto, Anaxímenes foi:
A) Discípulo e compañeiro de Anaximandro.
B) Discípulo e compañeiro de Tales de Mileto.
C) Mestre e compañeiro de Anaximandro.
2. Anaxímenes naceu en Mileto:
A) No ano 85 de nosa era, aproximadamente.
B) No 585 a.C., aproximadamente.
C) No 85 a.C., aproximadamente.
3. Para Anaxímenes, o elemento primordial ou arkhé era:
A) O indeterminado.
B) O aire.
C) O Absoluto.
4. Ao tomar como arkhé un elemento particular xeralmente considérase:
A) Que o seu pensamento supón un retroceso con respecto a Anaximandro.
B) Que o seu pensamento supón un avance con respecto a Anaximandro.
C) Que estaba moi influído pola filosofía oriental.
5. Anaxímenes ofrécenos un mecanismo de xeración das cousas que se apoia nas nocións:
A) De humidificación e solidificación.
B) De condensación e rarefacción.
C) De esencia e existencia.
6. Cunha terminoloxía moderna podemos dicir que Anaxímenes está intentando:
A) Explicar o cualitativo en función do cuantitativo.
B) Explicar o material en función do espiritual.
C) Explicar a orixe espiritual da materia do mundo.
7. O mecanismo de transformación duns elementos noutros que nos ofrece Anaxímenes:
A) Procede de Tales de Mileto.
B) Tómao das cosmoloxías orientais.
C) É unha achega orixinal de Anaxímenes á filosofía.
Respostas ao test sobre Anaxímenes de Mileto