Anaximandro de Mileto


Anaximandro de Mileto

Test sobre Anaximandro de Mileto

Preguntas

Formulario do test
1. Anaximandro de Mileto naceu aproximadamente:
  • No ano 245 da nosa era.
  • No 610 aC.
  • No 245 aC.
2. Segundo Teofrasto Anaximandro foi:
  • Mestre de Tales de Mileto.
  • Discípulo de Anaxímenes.
  • Discípulo e compañeiro de Tales.
3. A Anaximandro atribúeselle:
  • Unha viaxe a Exipto, onde aprendeu xeometría.
  • A elaboración dun mapa de Xonia e do Peloponeso.
  • A dirección dunha expedición colonizadora a Apolonia.
4. Segundo Anaximandro o elemento primordial ou arkhé:
  • Tiña que ser algo inmaterial e intanxible.
  • Non podía estar constituído por ningún dos elementos coñecidos.
  • Era unha substancia espiritual, homoxénea co intelixible.
5. Segundo Anaximandro, o elemento primordial ou arkhé era:
  • Unha substancia espiritual, á que chamou Nous.
  • Unha materia indeterminada, indefinida, á que chamou ápeiron.
  • Unha materia determinada: o aire.
6. Segundo a cosmoloxía de Anaximandro:
  • Hai un só mundo, o mundo no que nós vivimos.
  • Existe unha pluralidade de mundos, xerados a partir dun movemento eterno.
  • Hai un só mundo, creado por Deus a partir da nada.
7. O pensamento de Anaximandro supón un avance con respecto a Tales?
  • Non, xa que non é capaz de dicir cal é o elemento primordial.
  • Si, porque a súa concepción do arkhé significa un considerable esforzo de abstracción e coherencia racional.
  • Non, posto que a súa concepción do arkhé depende dunha visión mítico-relixiosa da realidade.