Anaximandro de Mileto


Anaximandro de Mileto

(- 610 a - 545)

Noticias recolleitas por Dióxenes Laercio sobre Anaximandro

Anaximandro, fillo de Praxiades, foi milesio. Dixo que «o infinito é o principio e elemento», sen definilo como o aire, a auga nin outra cousa. «Que as súas partes son mudábeis, pero do todo inmutábeis. Que a terra está no medio do universo como centro, e é esférica. Que a lúa loce con luz allea, pois recíbea do sol. Que este non é menor que a terra, e é lume purísimo.» Foi o primeiro que achou o gnomom, e colocouno en Lacedemonia para indagar a sombra, como di Favorino na súa "Historia varia". Achou tamén os regresos do sol, notou os equinoccios e construíu horóscopos. Foi o primeiro que describiu a circunferencia da terra e o mar, e construíu unha esfera.

Expuxo as súas opinións sumariamente e en compendio, cuxos escritos viu Apolodoro Ateniense, quen di nas súas Crónicas que Anaximandro tiña sesenta e catro anos de idade o ano segundo da Olimpíada LVIII. e que morreu pouco despois, e que florecera principalmente sendo Policrates tirano de Samos. Disque cantando en certa ocasión, burláronse del os rapaces, e como se dera conta, dixo: «Hai que cantar mellor, por causa dos rapaces». Houbo outro Anaximandro historiador, tamén milesio, que escribiu en dialecto xónico.

(Dióxenes Laercio, "Vidas de filósofos ilustres")