San Tomé de Aquino
Curiosidades e anécdotas
Sobre o rapto de San Tomé polos seus irmáns
"Quere facerse relixioso pero a súa familia, informada polo seu titor, oponse. Aconsellado polos dominicanos decide esperar. Polo Nadal do ano 1243 falece o seu pai Landolfo. A comezos de 1244, finalmente, ingresa na Orde dos Predicadores como novizo, no convento dominicano de Nápoles. O seu pai espiritual foi o ancián Juan de San-Giuliano. O prior do Convento de San Domenico Maggiore era Tomé Agni da Lentini. O provincial da Romana á que pertencía o convento era Humberto de Romans.
Ao decatarse, a mediados do 1244, a súa nai Teodora emprende inmediatamente viaxe para Nápoles, entre bágoas e queixumes dos seus vasalos de Roccasecca (G. Tocco). Tomé é trasladado polos seus superiores, co envían ao convento dominicano de Santa Sabina en Roma onde se atopaba o mestre xeral da Orde, Juan de Wildeshausen. En Roma, o xeneral decide envialo a París para que continúe os seus estudos e lévao consigo ata Bologna onde ía a reunirse o capítulo xeral da Orde.
Os seus irmáns Aimón, Felipe, Reinaldo e Adenolfo, oficiais do exército imperial acuartelado na Toscana, parten, co visto e prace do Emperador, na súa busca. Ao chegar o mestre Juan, o novizo Tomé e tres frades máis ao paso de Acquapendente, en Toscana, deciden descansar xunto a unha fonte pola calor de mediádevos de maio de 1244, cando uns homes armados dirixidos polo cabaleiro Pedro de la Viña, íntimo do Emperador, asáltanos. Tomé, a pesar do seu tamaño, non opón resistencia aos seus captores. Pero cando intentan quitarlle o hábito, o xigante novizo non pode ser freado. Finalmente, deciden deixarllo, e a pesar das queixas do mestre Juan o Teutónico, móntano á forza a un cabalo e lévano ao forte do Monte San-Giovanni Campano, propiedade mancomunada da familia Aquino, en cuxa torre o encerran.
Poucos días despois, lévano a Roccasecca. Ás súas irmás permítenlles visitar a Tomé para tratar de persuadilo, pero finalmente son elas quen son convencidas da xustiza da causa do seu irmán. Finalmente, os dominicanos fanlle chegar a través de elas os libros que este lles pedira: a Biblia, o Breviario, as Sentencias de Pedro Lombardo e a Sofística de Aristóteles. Máis aínda, a súa irmá Marotta, a estudosa da familia, intenta disuadir ao seu irmán de seguir a vida do "esmoleiro" Santo Domingo, pero é Tomé quen a converte. Marotta decide, entón, seguir a regra de San Benito en Capua, un tempo despois. Incluso, permitíuselle a frei Juan de San-Giuliano visitar ao seu fillo espiritual a agochadas da súa nai.
Tomé aproveita o seu encerro de dous anos para aprenderse de memoria moitísimas partes das Sagradas Escrituras e para estudar moi a fondo o mellor tratado de Teoloxía que había nese tempo: as Sentencias de Pedro Lombardo. Ademais toma contacto coa Lóxica e a Metafísica de Aristóteles.
Os seus irmáns, de volta de Toscana, posibelmente durante o inverno, época na que se desintegraba o exército e permitíase aos militares volver ao seu fogar, atopan que Tomé continúa teimado. Róganlle e ameázano, pero non logran quitarlle a idea de seguir coa súa vocación. Rómpenlle o hábito branco e búrlanse para que se avergonce, tíranlle os seus libros. Finalmente, envíanlle a unha prostituta. A muller intenta tentalo. Tomé toma nas súas mans unha rama acendida do fogar e lánzase contra a muller, ameazándoa con queimarlle o rostro se se atreve a acercárselle. Ela sae fuxindo e Tomé, coa brasa debuxa unha cruz na porta fronte á cal se axeonlla a rezar. Esa mesma noite contemplou en soños uns anxos que viñan a felicitalo e lle traían un cíngulo, en sinal da virtude da pureza perpetua que lle concedía o noso Señor.
A situación faise insostíbel para os Aquino. Son vasalos do herético emperador e pola súa vez deben honor á Papa. O mestre xeral dos predicadores presenta unha queixa formal a Inocencio IV pedindo a inmediata liberación do novizo dominicano. A vixilancia dos seus irmáns faise moito máis maina, e coa axuda das súas irmás (e probabelmente da súa nai) escapa nunha canastra onde é rescatado polos seus novos "irmáns", a fins de 1245.
Segundo deixaron constancia os frades, había "progresado tanto coma se estivese nun studium generale" durante o seu cativerio.
Os seus irmáns presentan unha denuncia ao papa Inocencio IV contra os dominicanos. O Papa chama a Tomé a Roma para examinar as súas razóns para ingresar na orde. Despídeo coa súa bendición e prohibe solemnemente que alguén interfira coa vocación de Tomé."
Página web de referencia
(De "San Tomé de Aquino", unha páxina na que atoparás, dende unha perspectiva tomista, máis información sobre a súa vida e obra, ligazóns a outros sitios tomistas, etc., e máis anécdotas. Nota: este sitio deixou, polo menos temporalmente, de funcionar. Cando volva a retomar a súa actividade actualizarase a ligazón).
Antes da imprenta: pergameos, códices e escribas.
Os pergameos. Pérgamo e a súa biblioteca non acadaron nunca unha posición tan elevada no mundo da cultura como a que tivo Alexandría e é posíbel, como antes se dixo, que Antonio fixese donativo daquela a Cleopatra. Na historia do libro, sen embargo, deixou unha pegada importante, se é certa a atribución que adoita facérselle do auxe do pergameo como material de escritorio.
Xa desde os tempos máis remotos empregouse o coiro para escribir en todos os países; utilizárono tanto os exipcios como os israelitas, os asirios e os persas; as peles non foron ignoradas polos gregos, que lles chamaron “diphterai”, nome que se aplicou despois a outros materiais de escritorio. Pero foi no século III a. de C. cando se comezou a tratar o coiro de forma especial, para facelo máis idóneo para a escritura, e é o desenvolvemento desta técnica o que se atribúe a Pérgamo, de onde ven o nome pergameo (charta pergamnna), e onde a produción, en todo caso, practicábase en gran escala, e onde todo parece indicar que se orixinou.
Empregábase polo xeral pel de año, cuxo ou cabra; eliminábase o pelo, raspábase a pel e deixábase macerar en auga de cal para eliminar a graxa; seca e sen ulterior curtido, frotábase con po de xeso e pulíase con pedra pómez ou outro pulimento semellante. O material final prestábase admirabelmente para a escritura; ofrecía unha superficie maina e regular tanto no anverso como no reverso. Aparte disto, a súa perdurabilidade superaba a da folla de papiro, sen que fose sen embargo inmune a todas as influencias; pero o que sen dúbida contribuíu máis a súa difusión foi a súa propiedade, ao contrario do papiro, de prestarse con facilidade a ser raspado. Xa que logo, tamén atopamos entre os manuscritos en pergameo -especialmente da Idade Media, cando o material era caro- palimpsestos, é dicir, manuscritos cuxa escritura orixinal fora borrada e escribírase enriba (palimpsesto significa raspado de novo).
Ademais a produción do pergameo non se atopaba, como a do papiro, limitada a un só país e é probábel que polo tanto non fose tan caro ao comezo como o chegara a ser o papiro. Aínda así, comezouse a usar especialmente para cartas, documentos e escritos breves; só máis tarde acadou o pergameo, que os romanos chamaron membrana, a categoría de material para a confección de libros e por tres séculos loitou co papiro pola conquista do libro, ata a súa victoria final.
A partir do século IV d. C. o uso do papiro foise perdendo aos poucos; é verdade que se coñecen rolos e follas de papiro emitidos pola chancelería papal no século XI, pero deben ser considerados como raras excepcións, debidas ao prestixio que se adscribía a tan vello material. [En España consérvase un documento escrito en papiro no Arquivo da Corona de Aragón, de Barcelona. Trátase dunha Bula do papa Silvestre II na que lle confirma ao abade do mosteiro de San Cugat del Vallés a posesión do convento; é de decembro do ano 1002, mide 940X740 mm. e ofrece varios aspectos de interese aparte do da súa rara materia.]
O pergameo pode dobrarse como o papiro, aínda que a súa flexibilidade sexa menor, e non hai dúbida de que os libros de pergameo, nas súas orixes, consistían en rolos exactamente iguais que os de papiro. É verosímil que se seguise a tradición e aínda que non posuamos un só rolo de pergameo grego nin romano, si hai suficientes testemuños da súa existencia; tamén os xudeus utilizaron rolos de pergameo e séguenos utilizando no seu libro sagrado, a Thora. Naturalmente, a extensión do rolo de pergameo dependía das dimensións da pel do animal, pero en caso necesario era posíbel coser varias pezas e formar rolos máis longos. Tamén se empregou o pergameo para cubertas dos rolos de papiro: atopámonos diante da forma máis primitiva de "encadernación".
(Sven Dahl, Historia del libro, Alianza Universidad, Madrid, 1982)Os códices.
Por usual que fose a forma de rolo para os homes da antigüidade, non hai dúbida dos seus defectos, que se farían evidentes co uso cotián dos libros. Un dos seus inconvenientes fundamentais era que, cando se leia o rolo, precisaba desenrolarse de novo se se quería consultar algún parágrafo anterior; cando isto ocorría en algún de longas dimensións, era sumamente incómodo, aínda que fose corrente utilizar un pau (chamado umbilicus) para enrolalo, o que tamén causaba un notábel deterioro aos rollos de uso frecuente. Mentres o papiro foi o material dominante, a forma natural foi a de rolo; coa introdución do pergameo a situación cambiou.
Dende os tempos máis remotos usaran os gregos unhas tabliñas de madeira con capa de cera ou sen ela, sobre as que se podían trazar curtas notas cun estilo de metal (stylus), ou ser utilizadas polos colexiais para os seus exercicios. Con frecuencia xuntábanse dúas ou máis destas tablilñas, formando unha especie de pequenos cadernos (chamados diptycha cando eran dúas pastillas), e estes libriños de apuntamentos usáronse en grandes cantidades por comerciantes ou escribas para notas provisionais. De aquí pasouse, cando o pergameo comezou a xeneralizarse, a dar a forma destes cadernos aos libros de pergameo, evolución que tivo lugar durante os primeiros tempos do Imperio romano.
Esta forma de libro coñecíase por codex, e permaneceu inalterábel ata os nosos días. De finais do século I ou comezos do II da nosa era conserváronse follas soltas de códices e é seguro que se utilizaron códices de pergameo, pero foron sen dúbida considerados como inferiores aos libros propiamente ditos, formados por rollos de papiro; empregábaseos para edicións baratas, xa que ao poder escribirse en ambas caras dunha folla de pergameo, un texto que por si esixía un longo rolo ou talvez varios, podía ser contido nun códice relativamente pequeno. (Sven Dahl, Historia do libro, Alianza Universidade, Madrid, 1982)
Os escribas
O escriba. Cando o monxe se dispoñía a escribir, cortaba primeiro o pergameo con axuda dun coitelo e unha regra (operación coñecida por quadratio); despois satinábase a superficie e riscábanse as follas, para o cal previamente indicábase no bordo a distancia entre as liñas facendo pequenos buracos cun compás. O riscado facíase cun punzón ou con tinta vermella ou máis tarde con frecuencia cun lapis de grafito. Cando por fin comezaba propiamente a escribir, o escriba, ou calígrafo, tomaba asento diante dun pupitre inclinado, no que se atopaban dous tinteiros de corno con tinta negra e vermella, e equipado coa súa pluma e a súa raspadeira dispoñíase á tarefa. A tinta vermella utilizábase para trazar unha raia vertical ao longo das iniciais; é o que se coñecía por rubricar (de rubrum, vermello).
Cando o escriba terminara o manuscrito, dáballe fin con varias liñas (chamadas subscrición ou colofón), nas que se atopaba o título do libro; comezan polo xeral coas palabras explicitus est (ou tan só explicit), unha curiosa lembranza do tempo no que os manuscritos tiñan aínda forma de rolo, xa que estas palabras significaban que o manuscrito se atopa desenrolado. O título colocábase tamén ao comezo, en cuxo caso iniciábase o texto coas palabras hic incipit (aquí comeza), para despois informar de que materia trataba. Ao final o escriba agregaba con frecuencia onde e cando realizara a obra, para quen, etc., así como tamén podía mencionar o seu nome para lembranza da posteridade.
Parte dos manuscritos son, como xa se dixo, palimpsestos; coñécense moitos manuscritos (en especial dos séculos VII ao IX, nos que escaseou o pergameo), baixo cuxo texto de teoloxía puideron descubrirse coa axuda de modernos métodos fotográficos, manuscritos borrados, pero aínda lexíbeis, de obras da antigüidade clásica.
Ademais das espléndidas iniciais decorativas mostran moitos dos manuscritos da alta Idade Media unha serie de ilustracións autónomas; chamadas miniaturas, (da palabra latina minium, que significa vermello), ou, se ademais das cores se utilizaba o ouro, iluminacións (de lumen, luz), polo que estes manuscritos así decorados reciben con frecuencia o nome de "libros de ouro".
As cores eran opacas ou á auga; o ouro aplicábase en pans sumamente finos e brunidos ou en po, nos tempos máis antigos cun brillo de latón, máis tarde polo xeral cun ton máis avermellado. Rara vez era o mesmo monxe ou relixiosa quen escribía o texto e realizaba as iniciais e ilustracións; o escriba deixaba un branco para estes e adoitaba escribir na marxe, cunha letra fina que podía ser facilmente borrada, advertencias relativas á decoración, tras do cal os miniaturistas ou iluminadores comezaban, provistos da súa caixa de cores, os seus pinceis e o seu ouro.
Cunha pluma trazaban o bosquexo da ilustración con finos trazos, antes de pintala ou dorala. Tanto na ornamentación das iniciais como nas miniaturas e iluminacións distínguense, como ocorre na escritura, varios tipos de estilo diferentes, con frecuencia con máis ou menos importantes variacións locais.
(Sven Dahl, Historia del libro, Alianza Universidad, Madrid, 1982)