San Tomé de Aquino


San Tomé de Aquino

(1225 - 1274)
Cristianismo e aristotelismo en Tomé de Aquino
A obra de San Tomé de Aquino é o resultado da síntese da filosofía aristotélica coa tradición filosófica e teolóxica do cristianismo e, en canto tal, representa o momento cume da Escolástica cristiá. Xurdida nun ámbito polémico, suscitado polo desenvolvemento do averroísmo latino, irase, así e todo, impoñendo paulatinamente, ata ser aceptada polas altas xerarquías da Igrexa.

O que hai en webdianoia sobre San Tomé de Aquino

Nas páxinas dedicadas a San Tomé de Aquino atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.

Na segunda sección exponse unha relación das principais obras de San Tomé de Aquino.

Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: razón e fe, metafísica (os elementos aristotélicos da metafísica tomista, teoría da esencia e a existencia e outras influencias recibidas), teoloxía (a tradición teolóxica e a existencia de Deus, a demostración da existencia de Deu, as cinco vías, e a teoloxía da creación), antropoloxía e psicoloxía, teoría do coñecemento, ética e política. A cada un destes aspectos do seu pensamento dedícaselle unha páxina.

Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de San Tomé de Aquino, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarte co seu vocabulario. Atoparás, ademais, ligazóns a algúns sitios de internet onde che ofrecen a posibilidade de acceder gratuitamente a traducións de obras completas de San Tomé de Aquino en distintos idiomas.

Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de San Tomé de Aquino. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).

Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias recolleitas na antigüidade ou en épocas recentes, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu San Tomé de Aquino, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por San Tomé de Aquino, na sección Glosario filosófico poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario tomista.