San Agostiño de Hipona


San Agostiño de Hipona

(354 - 430)
Cristianismo e platonismo en Agostiño de Hipona
A obra de San Agostiño de Hipona considérase a primeira gran síntese entre o cristianismo e a filosofía platónica. Aínda que inspirado pola fe, que se confunde coa razón, o pensamento de San Agostiño dominará o panorama filosófico cristián ata a aparición da filosofía tomista, e exercerá un influxo considerábel na práctica totalidade de pensadores cristiáns durante séculos.

O que hai en webdianoia sobre San Agostiño

Nas páxinas dedicadas a San Agostiño atoparás, na primeira sección, "Vida e obras ", (á que podes acceder a través da ligazón "Vida e obras " situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica. A seguir exponse a relación das principais obras de San Agostiño.

Na segunda sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento: o cristianismo e a filosofía, a razón e a fe, o coñecemento, antropoloxía e psicoloxía, teoloxía, ética e política.

Na terceira sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de San Agostiño, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarche co seu vocabulario.

Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por San Agostiño, na sección Glosario filosófico poderás atopar definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario agostiñana.