Friedrich Wilhelm Nietzsche


Friedrich Wilhelm Nietzsche

Obras

A obra de Nitezsche é extensa, incluso sen contar a súa abundante correspondencia, e boa parte dela foi publicada postumamente. A seguir recollemos os principais elementos da mesma ordenada cronoloxicamente; ao final faise referencia a algúns dos escritos póstumos que acadaron maior relevancia na valoración do seu pensamento.

Obras de Nietzsche

1872 "A orixe da traxedia no espírito da música" (En 1874 publicouse a 2ª edición, con algunhas correccións; en 1886 a 3ª, idéntica á 2ª, pero co título, xa definitivo, de "A orixe da traxedia ou Grecia e o pesimismo", e engadindo un "Ensaio de autocrítica")

1873-76 "Consideracións intempestivas"

1878-79 "Humano, demasiado humano" (en tres entregas)

1881 "Aurora"

1882 "A gay ciencia"

1883 "Así falou Zaratustra" (primeira e segunda parte)

1884 "Así falou Zaratustra" (terceira e cuarta parte)

1886 "Alén do ben e do mal"

1887 "A xenealoxía da moral"

1888 "O caso Wagner" (Todas as obras escritas en 1888 foron publicadas con posterioridade á súa alienación mental).

1888 "Nietzsche contra Wagner"

1888 "O crepúsculo dos ídolos"

1888 "O anticristo "

1888 "Ecce homo"

Fragmentos póstumos:

Ademais da súa poesía e outros escritos, algúns autobiográficos, salientamos: "A vontade de poder", "Sobre verdade e mentira en sentido extramoral ", "Aforismos", "O nihilismo", "O viaxeiro e a súa sombra", e unha abundante "Correspondencia".

Hai varias edicións alemás das obras de Nietzsche. A mellor edición de referencia da súa obra, en alemán, probabelmente sexa a de Colli e Montinari:

"Nietzsche, Friedrich. Saemtliche Werke: Kritische Studienausgabe. Giorgio Colli & Mazzino Montinari. Muenchen und Berlin: Deutscher Taschenbuch Verlag GmbH & Co. KG and Walter de Gruyter, 1980."