Por José Romero
- O "estruturalismo" marxista
- Louis Althusser propuxose a tarefa de devolver ao marxismo o carácter científico que os seus fundadores, Marx e Engels quixeron darlle, mediante unha nova concepción da filosofía marxista, a partir dunha nova lectura das obras de Marx e Engels. Adoitase clasificalo dentro da chamada corrente estruturalista, xunto con outros pensadores de lingua francesa tales como Lévi-Strauss, Lacan, Foucault, etc., aínda que o propio Althusser nunca aceptou ser cualificado como "estruturalista", dado o ambiguo do termo, e as connotacións formalistas que ten, contrarias ás súas pretensións de elaborar unha filosofía materialista.
O que hai en webdianoia sobre Althusser
Nas páxinas dedicadas a Althusser atoparás, na primeira sección, "Biografía", (á que podes acceder a través da ligazón "Biografía" situada no encabezamento de cada páxina), unha breve exposición dos principais acontecementos da súa vida, na que se salientan algúns dos momentos significativos relacionados coa súa actividade filosófica.
Na segunda sección exponse a relación das principais obras de Althusser.
Na terceira sección, dedicada ao seu pensamento, "Filosofía", atoparás unha exposición dos principais aspectos do seu pensamento, o contexto do pensamento de Althusser, a ciencia marxista (o materialismo histórico), o corte epistemolóxico (os dous Marx), a Filosofía marxista (o materialismo dialéctico), antihumanismo teórico, economicismo e antihistoricismo, e modo de produción e formación social. A cada un destes aspectos do seu pensamento dedícaselle unha páxina.
Na cuarta sección, "Textos", atoparás unha breve selección de fragmentos de obras de Althusser, co obxecto de que poidas recoñecer o seu estilo e familiarizarche co seu vocabulario.
Na quinta sección, "Exercicios", propoñémosche realizar algúns exercicios, (de tipo test, ou completar frases, etc.), que che poden servir como referencia para unha sinxela auto-avaliación, así como outros exercicios (sobre algún dos fragmentos do autor propostos na sección "Textos") para que poidas desenvolver as túas destrezas na análise de textos filosóficos e na elaboración de xuízos críticos sobre o pensamento de Althusser. (Na sección "Como estudar" atoparás orientacións metodolóxicas para a realización de resumos, análises e comentarios de textos filosóficos).
Na sexta e última sección, "Curiosidades", ofrécense algunhas anécdotas ou noticias, que ilustran algunhas peculiaridades dos tempos nos que viviu Althusser, ou algún trazo da súa personalidade, con probabilidade non totalmente alleo ao seu quefacer filosófico.
Polo demais, se tes dificultades coa terminoloxía utilizada por Althusser, na sección "Glosario filosófico" atoparás definicións dalgúns termos técnicos propios do vocabulario althusseriano.