Tales de Mileto


Tales de Mileto

(- 624 a - 546)

Test sobre a vida e obra de Tales

Preguntas

Formulario do test
1. Os seus contemporáneos consideraron a Tales:
  • Un dos sete primeiros filósofos.
  • Un dos sete sabios de Grecia.
  • Un dos sete amigos de Solón.
2. Malia o pouco que sabemos de Tales, sempre se lle tivo por:
  • Comediógrafo e rapsoda de recoñecido prestixio.
  • Biólogo e naturalista salientado.
  • Astrónomo e xeómetra.
3. Segundo as referencias que nos transmitiron os antigos sobre a súa cosmoloxía:
  • A Terra era redonda como unha esfera.
  • A Terra estaba sobre o auga, flotando como un disco.
  • A Terra xiraba arredor do sol.
4. Para Tales, o elemento orixinario da realidade era:
  • O lume.
  • O aire.
  • A auga.
5. Tales ofrécenos unha explicación da realidade baseada:
  • Nas súas crenzas relixiosas, exclusivamente.
  • Nos relatos míticos propios da época, que se limita a reproducir.
  • Na razón, é dicir, sen apelar a entidades sobrenaturais.
6. Na chamada "Escola de Mileto" adóitase incluír, ademais de Tales, a:
  • Heráclito e Parménides.
  • Anaximandro e Anaxímenes.
  • Empédocles e Anaxágoras.
47. Para os filósofos da "Escola de Mileto":
  • A Primeira causa do real é un Deus inmaterial.
  • A primeira causa do real ten que ser eterna e de carácter material.
  • A realidade é creada espontaneamente, a partir da nada.