Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre Pitágoras de Samos
1. Pitágoras naceu en Xonia, na illa de Samos:
A) Cara ao ano 572 a.C.
B) O ano 85 a.C.
C) Cara ao ano 572 de nosa era.
2. Atribúeselle a creación dunha seita filosófico-relixiosa, en Crotona, inspirada:
A) No hinduísmo.
B) No orfismo.
C) No budismo.
3. A filosofía de Pitágoras desenvólvese nunha dobre vertente:
A) Una místico-relixiosa e outra físico-teolóxica.
B) Unha místico-relixiosa e outra matemático-científica.
C) Unha místico-científica e outra matemático-relixiosa.
4. Segundo a teoría da transmigración das almas:
A) As almas son inmortais e reencárnanse pasando duns corpos a outros.
B) As almas transmigran duns mundos a outros, por dimensións aínda descoñecidas.
C) As almas inmortais dos deuses reencárnanse en todo tipo de seres (ata vexetais).
5. O elemento primordial da realidade ou arkhé é para Pitágoras:
A) O inmaterial numericamente cuantificado.
B) O número.
C) A materia prima incognoscíbel.
6. O proceso de purificación ao que se someten as almas, ou catarse:
A) Conduce ao perdón dos pecados cometidos.
B) Culmina co regreso da alma ao seu lugar de orixe.
C) Recompón o equilibrio psicolóxico do individuo ao que pertence.
7. Os pitagóricos concederon gran importancia:
A) Ao estudo da evolución dos animais e plantas.
B) Ao estudo da música, vista a súa relación coas matemáticas.
C) Á aplicación do saber matemático ao desenvolvemento tecnolóxico.
Respostas ao Test sobre Pitágoras de Samos