Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre Heráclito de Éfeso
1. Heráclito naceu en Éfeso, aproximadamente:
A) Cara ao ano 85 logo de Cristo.
B) O ano 544 antes de Cristo.
C) O ano 85 antes de Cristo.
2. Os seus contemporáneos coñecérono co sobrenome do escuro:
A) Debido ao seu carácter amargo e crítico.
B) A causa do carácter enigmático e oracular dos seus escritos.
C) Porque prefería as horas nocturnas para dedicarse á filosofía.
3. Heráclito concibía a realidade:
A) Como algo estático e inmutábel.
B) Como algo dinámico e sometido ao cambio.
C) Como algo arbitrario que non está sometido a ningunha lei.
4. Para Heráclito, a oposición de elementos contrarios:
A) Está sometida a unha lei universal, o Logos.
B) Xera as súas propias leis.
C) Non está sometida a ningunha lei.
5. A identificación do cosmos cun lume eterno:
A) Equivale a afirmar, con seguridade, que o lume é o arkhé ou elemento primordial.
B) Probabelmente supón concibir o lume como a forma arquetípica da materia.
C) Supón concibir a calor como a fonte primordial da vida.
6. A afirmación de que non se pode bañar un dúas veces no mesmo río:
A) Reflicte a concepción caótica da realidade propia de Heráclito.
B) Foille atribuída a Heráclito por Platón, para suxerir que segundo Heráclito nada permanecía.
C) Foi utilizada por Heráclito para negar o principio de contradición, segundo demostran Kirk e Raven.
7. Para Heráclito, o mundo:
A) Creouno Deus, de acordo co relato bíblico, aínda que con matices.
B) Non o fixo deus nin home algún, senón que foi sempre, é e será...
C) Está abocado á destrución e a desaparecer na nada.
Respostas ao Test sobre Heráclito de Éfeso