Anaxágoras de Clazomene

Anaxágoras de Clazomene

(- 500 a - 428)

Test sobre Anaxágoras

Preguntas

Formulario do test
1. Anaxágoras residiu a maior parte da súa vida en Atenas, onde:
  • Foi amigo íntimo de Temístocles.
  • Foi mestre, e posteriormente amigo, de Pericles.
  • A súa existencia pasou desapercibida para os/as atenienses.
2. Do mesmo xeito que os outros pluralistas, Anaxágoras enfrontarase ao problema:
  • De explicar o cambio admitindo a permanencia do ser.
  • De xustificar a imposibilidade do cambio, do mesmo xeito que Zenón de Elea.
  • De renovar o pensamento filosófico, expondo cuestións antropolóxicas e sociais.
3. Segundo Anaxágoras:
  • A realidade componse de catro elementos: auga, lume, aire e terra.
  • A realidade está composta por un número infinito de elementos, eternos e inmutábeis.
  • A realidade é a materialización do espírito absoluto ou Nous.
4. Os elementos constitutivos da realidade, segundo Anaxágoras:
  • Distínguense uns doutros cuantitativamente.
  • Distínguense uns doutros cualitativamente.
  • Case que non se distinguen uns doutros, ao ser infinitamente pequenos.
5. Segundo Anaxágoras, os obxectos ou cousas prodúcense:
  • Pola acción dos deuses, que as crean segundo modelos que teñen na súa mente.
  • Pola mestura de sementes ou partículas infinitamente pequenas.
  • Debido á confusión reinante no mundo, propia da materia inerte.
6. Segundo Anaxágoras:
  • Hai partículas ou sementes de todo en todas as cousas.
  • As cousas están formadas só por partículas ou sementes dun tipo (carne, madeira...).
  • Hai partículas ou sementes de case todo en todas as cousas, pero non de todo.
7. O Nous ou intelixencia:
  • Actúa como causa do movemento das partículas, dirixindo constantemente o seu proceso de mestura e separación.
  • Actúa só como causa inicial do movemento das partículas.
  • Actúa dirixindo o mundo cara ao fin que previamente se propuxo.
8. O Nous, Mente ou intelixencia, é concibido por Anaxágoras:
  • Como un ser divino, persoal e providente.
  • Como algo infinito, autónomo, e separado das sementes e de todas as demais cousas que existen.
  • Como unha existencia eterna, espiritual, inmaterial e creadora da materia do mundo.