Sudoku 4
A primeira vez que se executa o applet de java o panel do sudoku pode tardar un pouco en visualizarse correctamente na súa páxina.
Unha vez cargado, observará que se bloquea a páxina. Para desbloquear a páxina, e poder utilizar os controis habituais e as ligazóns, abonda clicar sobre o panel do sudoku.
Instrucións:
Dispós dun cadrado dividido, pola súa vez, en nove subcuadrados ou rexións. Tranquilo/a, non se trata de sumar, restar nin realizar ningún cálculo aritmético. Simplemente tes que coloca-las cifras do 1 ao 9 de xeito que:
1. En cada fila deben aparecer todas as cifras do 1 ao 9, pero sen que se repita ningunha delas.
2. En cada columna deben aparecer todas as cifras do 1 ao 9, pero, sen que se repita ningunha delas.
3. En cada rexión ou subcuadrado deben aparecer todas as cifras do 1 ao 9, pero sen que se repita ningunha delas.
Ao comeza-lo exercicio dispós dunhas cifras xa asignadas, que debes tomar como referencia para decidir cal é o lugar adecuado para as restantes.
Axuda
Os números que teclees colocaranse no sudoku no lugar que corresponde á cela seleccionada. A cela pódese seleccionar mediante as frechas arriba, embaixo, dereita, esquerda, ou co rato.
No sudoku pódense utilizar como smbolos válidos números e/ou letras. Os smbolos válidos para esta partida son os que se amosan na parte superior do panel.
Ao clica-lo botón "Suxerir" obtense unha lista dos smbolos potencialmente válidos para a cela seleccionada.
Ao clicar "Pistas" aparecen smbolos adicionais cos seguintes valores:
* Só UN dos smbolos pode ir na cela en que aparece.
> Un dos smbolos que faltan na fila pode ir SÓ nesa cela.
^ Un dos smbolos que faltan na columna pode ir SÓ nesa cela.
# Un dos smbolos que faltan nesta rexión SÓ pode ir nesta cela.
? Ningún número pode ir xa nesa cela. Cometiches un erro.
O botón "Desfacer" borra os smbolos que se foron introducindo, na orde inversa á da súa introdución. Para cambiar por outro, na orde que queiras, calquera dos smbolos que ti asignes, abonda seleccionar a cela onde se atopa e introducir o novo smbolo. Os smbolos dados inicialmente non se poden modificar.