Se non podes executar este formulario no teu navegador podes utiliza-la seguinte versión alternativa.
Test sobre a orixe da filosofía
1. Para Anaximandro o "arkhé" era:
- A) O lume.
- B) O indeterminado.
- C) O aire.
2.De onde era Tales?
- A) De Elea.
- B) De Samos.
- C) De Mileto.
3. Os primeiros filósofos rexeitan:
- A) A contradicción.
- B) A razón.
- C) O caos.
4. Quen defendeu a tese do "milagre grego"?
- A) Cornford.
- B) Burnet.
- C) Vernant.
5. Quen sostiveron a tese da orixe oriental da Filosofía?
- A) Os xonios.
- B) Os filósofos alexandrinos.
- C) Platón e Aristóteles.
6. Que era característico da relixión en Grecia?
- A) Non depender dunha casta sacerdotal.
- B) Depender dunha casta sacerdotal moi xerarquizada.
- C) Os gregos non tiñan ningunha relixión.
7. Os sabios gregos:
- A) Gardaban en segredo os seus coñecementos.
- B) Facían públicos os seus coñecementos.
- C) Estudaran en Exipto.
8. Os primeiros filósofos, segundo Cornford:
- A) Copian as explicacións míticas e relixiosas.
- B) Racionalizan as explicacións mítico-relixiosas.
- C) Inventan as súas propias teorías, nun trazo de indudábel orixinalidade.
Respostas correctas ao test sobre a orixe da filosofía
1. Para Anaximandro o "arkhé" era:
(B) O indeterminado.
2.De onde era Tales?
(C) De Mileto.
3. Os primeiros filósofos rexeitan:
(A) A contradicción.
4. Quen defendeu a tese do "milagre grego"?
(B) Burnet.
5. Quen sostiveron a tese da orixe oriental da Filosofía?
(B) Os filósofos alexandrinos.
6. Que era característico da relixión en Grecia?
(A) Non depender dunha casta sacerdotal.
7. Os sabios gregos:
(B) Facían públicos os seus coñecementos.
8. Os primeiros filósofos, segundo Cornford:
(B) Racionalizan as explicacións mítico-relixiosas.