Voluntarismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Voluntarismo
Termo co que nos referimos ás correntes filosóficas nas que se concede un valor predominante á vontade, e/ou aos elementos sentimentais e emotivos, fronte ao estritamente racional e discursivo.

O termo foi introducido por F. Tönnies, a finais do século XIX, para referirse ás correntes filosóficas que se opoñían ao positivismo, ao cientifismo e ao racionalismo, e que intentaron dar un renovado impulso aos temas tradicionais do espiritualismo, como a filosofía de Blondel. Tamén se aplica o termo a filosofías como o pragmatismo de W. James e o vitalismo de Nietzsche, polo importante papel que xoga a vontade, e os elementos anti intelectualistas no seu pensamento.