Verdade - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Verdade
Co termo "verdade" podemos referirnos a unha realidade ou a unha proposición e, así, falamos dunha verdade ontolóxica (da realidade, do ser) ou dunha verdade lóxica (do coñecemento, da proposición mediante a que se expresa un xuízo).

No primeiro caso dicimos que unha cousa é verdade, ou verdadeira, para indicar que non se trata dunha ilusión, dunha aparencia, sendo entón a verdade idéntica á realidade, ao que as cousas son.

No segundo caso consideramos que a verdade é unha propiedade do enunciado, da proposición, (non da realidade, do obxecto), e dicimos que a verdade consiste na adecuación ou correspondencia da proposición con aquilo ao que se refire, (cos feitos, coa cousa). Se tal correspondencia non se dá dicimos que a proposición é falsa. Esta concepción da verdade como adecuación, como correspondencia, foi formulada por Aristóteles e mantívose como interpretación predominante da verdade no pensamento filosófico ata a actualidade, sendo reformulada no século XX por B. Russell e por A.Tarski, quen se propuxeron despoxala dos elementos metafísicos, sendo coñecida na actualidade como a teoría semántica da verdade.