Transcendental - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Transcendental
1. Na súa acepción filosófica, transcendental vén a significar, dun modo xeral, "o que transcende", no sentido de "o que está alén" dalgunha realidade, considerada metafísica ou gnoseoloxicamente.

2. Na filosofía escolástica o termo emprégase para referirse a algunha propiedade do "ser en canto ser", propiedade que, ao pertencer ao ser no seu máximo grao de xeneralidade, e non a este ou a aquel ente particular, recibe o nome de transcendental. A ese conxunto de propiedades do "ser en canto ser" denomínaselles propiedades transcendentais ou, simplemente, "transcendentais". A doutrina dos transcendentais, desenvolvida sobre todo por San Tomé de Aquino , considera a existencia das seguintes propiedades transcendentais: ente (ens), cousa (res), un (unum), algo (aliquid), verdadeiro (verum) e bo (bonum).

3. Na filosofía moderna o termo experimenta un importante xiro no seu significado, a través especialmente do uso que fai Kant del. En Kant, o transcendental será asimilado ao coñecemento que se ocupa non do coñecemento dos obxectos, senón do modo de coñecer aos obxectos, en canto isto é posíbel "a priori". O transcendental deixa de designar, pois, unha propiedade do "ser en canto ser" para pasar a designar a reflexión sobre os elementos "a priori" do coñecemento humano. Non obstante, ao utilizar kant o termo, en numerosas ocasiones, como sinónimo de "a priori" (independente da experiencia), é habitual referirse ao "a priori" como sendo transcendental. Na terceira parte da "Crítica da razón pura" Kant usará o termo transcendental con outro significado: como sinónimo de ilusorio.