Transcendencia - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Transcendencia
- Termo co que nos referimos á acción de "ir alén", ou ao estado de acharse "alén", respecto de algo (ou da realidade física, en xeral). A transcendencia oponse, neste sentido, á inmanencia (o que está en, ou é propio de algo).
O termo foi utilizado por Kant para referirse criticamente ao que excede as posibilidades da experiencia, ao que pretende ofrecerse como coñecemento dunha realidade alén da realidade física (suposta realidade chamada por iso transcendente), coñecemento que para el non pode consistir máis que nunha ilusión, como quere probar na "dialéctica transcendental", a terceira parte da "Crítica da razón pura".