Teoría - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Teoría
- Do grego "theoria", (etimoloxicamente "contemplación", sentido no que se atopa na filosofía de Platón e Aristóteles). Aristóteles utilizouno para referirse ao máis elevado grao de coñecemento, en oposición ao coñecemento práctico ("tecné"), adquirindo pronto o significado de coñecemento especulativo.
Na actualidade o termo úsase tamén no ámbito do coñecemento científico, e con el referímonos, en xeral, á elaboración dunha explicación plausíbel da realidade no seu conxunto, ou dun aspecto da realidade, explicación na que se intentan integrar hipóteses e coñecementos, (ou leis, no caso de teorías científicas), e que se formula mediante un conxunto de enunciados relacionados dedutibelemente, formando un todo coherente.