Teoloxía - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Teoloxía
Do grego "theología" (tratado de deus). A teoloxía ocúpase do estudo de Deus e do divino. Na filosofía antiga Aristóteles utiliza o termo para referirse ao estudo da causa primeira, dentro dunha consideración metafísica do ser. A teoloxía, non obstante, comezará a desenvolverse como tal cos filósofos cristiáns, entre quen acadará gran proxección, chegando a supeditar á teoloxía o discurso filosófico.

En función de que se teñan en conta ou non os elementos procedentes da fe podemos distinguir dous tipos de teoloxía: a revelada e a natural (ou racional), respectivamente. Non só no ámbito do cristianismo, senón tamén do xudaísmo e do islamismo desenvolverase unha teoloxía especulativa de características similares á cristiá (con Maimónides, Avicena e Averroes, por exemplo).