Solipsismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Solipsismo
Da expresión latina "solus ipse" (só un mesmo, só eu). Termo co que se designa toda doutrina segundo a cal resulta imposíbel ir alén da propia conciencia, (ou dos contidos de conciencia), polo que resulta imposíbel coñecer algo máis que o propio "eu", ao que se considera a única realidade evidente e absoluta. É típica do solipsismo a posición defendida por Berkeley, en quen acada unha dimensión metafísica; en Descartes, con todo, ten unha dimensión soamente metodolóxica, carácter co que podemos reencontralo en E. Husserl.