Síntese - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Síntese
- 1. Do grego "synthesis" (etimoloxicamente, composición, no sentido de poñer unha cousa con outra). A síntese é a operación pola que reunimos, agregamos, sumamos, integramos realidades ou conceptos, de tal xeito que pasamos, en xeral, de algo máis simple a algo máis complexo. Podemos entender a síntese como un método, ademais de como unha operación pola que, en xeral, unimos o suxeito e o predicado dunha proposición.
2. No primeiro caso, entendida como método, foi utilizada por Descartes, por exemplo, como un dos catro momentos do seu coñecido método, e en tal caso é asimilábel á dedución, na medida que se procede dende os elementos simples, tomados como premisas, para acadar elementos complexos, considerados como a conclusión.
3. No segundo caso, o termo é entendido como a operación pola que se reúnen o suxeito e o predicado, como a unificación da diversidade das nosas representacións nun só acto do coñecemento, como ocorre na filosofía kantiana, por exemplo. Dita síntese pode ser pura (a priori) ou empírica.
4. O desenvolvemento da filosofía kantiana cara ao idealismo, levará á interpretación da síntese como a superación das limitacións dos elementos opostos, (a tese e a antítese) artellados mediante a síntese nunha realidade ou nun nivel conceptual superior.