Ser-para-si - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Ser-para-si
Expresión que, na filosofía existencialista de J. P. Sartre, designa un dos niveis de ser: o ser da conciencia; é dicir, aquilo que hai de non-obxecto, de humano, na persoa, por contraposición á súa realidade "cousificada". Na medida que o "ser-para-si" non é unha cousa, oponse ao "ser-en-si", polo que non sendo isto nin aquilo, non posuíndo unha esencia prefixada, ha de dotarse da súa propia esencia, ha de facerse, o que esixe a liberdade, que resulta ser a condición fundamental do "ser-para-si", do ser humano.