Sensíbel ou sensible - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Sensíbel ou sensible
- Na súa acepción metafísica, o sensíbel remite, nos filósofos gregos, en xeral, e en Platón, en particular, á realidade que é obxecto da sensibilidade, ao que pode ser captado mediante os sentidos. Así, Platón chama realidade sensíbel aos obxectos do mundo, en xeral, ás cousas, en contraposición coa realidade "intelixíbel", coa Idea, referíndose a eles como dous "modos de ser" distintos e contrapostos.
O termo ten tamén unha acepción gnoseolóxica, e falamos entón de coñecemento sensíbel para referirnos ao coñecemento que se pode obter a través dos sentidos, opoñéndose, neste caso, ao coñecemento intelixíbel. É frecuente, nos sistemas filosóficos que recorren a esta distinción, que ambos termos sexan utilizados xa metafísica, xa gnoseolóxicamente, segundo o contexto.