Quietismo - Glosario de filosofía
Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.
- Quietismo
- Corrente místico-relixiosa que se desenvolve en Europa ao longo do século XVII e da que o español M. de Molinos, (1640-1696), foi un dos seus principais representantes. O quietismo propugna a unión mística con Deus a través do abandono máis absoluto da participación na vida activa, ata acadar un estado de "quietude", que supón tamén o rexeitamento de toda actividade intelectual, no que se mesturan a contemplación, o abandono e o silencio interior.