Pragmatismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Pragmatismo
Termo procedente do grego "pragma" (acción). Corrente filosófica que xorde nos EEUU, en reacción contra o positivismo, a finais do século XIX, impulsada por Ch. S. Pierce e William James, entre outros, quen o desenvolveran en direccións distintas. En xeral, o pragmatismo supón que o significado dunha proposición consiste nas súas consecuencias futuras, polo que os obxectos han de ser concibidos en función dos efectos prácticos que producen, ou que se espera que produzan no futuro. En William James, para quen o verdadeiro é o vantaxoso, (é dicir, o que resulta práctico ou satisfactorio), o pragmatismo acada tamén un desenvolvemento no ámbito da moral.