Potencia - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Potencia
Capacidade de ser algo no futuro, capacidade de chegar a ser algo que está comprendido na esencia ou natureza da realidade que actualmente se é, segundo Aristóteles.

Aristóteles entende que a estrutura metafísica materia/forma non é suficiente para dar conta do cambio, polo que recorre á estrutura acto/potencia para poder explicalo axeitadamente: se o acto representa o que unha substancia é nun momento determinado, a potencia refírese a unha "capacidade de ser" no futuro algo que actualmente non se é, polo que a considera unha forma relativa de non-ser. Algo que aínda non se é, pode chegar a ser (ser en potencia) se se dan as circunstancias axeitadas para o desenvolvemento desa capacidade de ser propia de cada substancia.